viernes, 31 de octubre de 2014

MOMENTOS VIVIDOS

Unha tarde de chuvia intensa, mirando pola fiestra, acordeime da miña avoa, que morreu fai un mes...

Ainda que parece moito tempo, para min parece que foi onte.

Non sei como comezar a contar a historia dunha parte fundamental da miña vida.

O profesor de Xeografía de Galicia, mandoume falar da miña terra (Galicia)e os lugares, paisaxes..dela, e dixen os vou falar de que pensabaa miña avoa sobre Galicia.

Comezamos a falar dun dos sitios que mais lle gustaba A FERVENZA, falábame dela case sempre, dicia que era fermosa, que tiña que ir a vela, si ou si. Entón eu fixenlle caso e decidín ir a pasar o día cos meus amigos. Fomos camiñando dende a parada de bus de Neda ata a Fervenza, o camiño fixoseme moi longo, porque tiña tantas ganas de chegar, para ver se era tan fermoso como dicia ela.

Despois dunha horiña camiñando cheguei alí, e moloume un montón, enamoreime deste sitio, pareceume fermosísimo, todo aquilo con tanto verde, a cascada inmensa , aquel especie de regato pequeno, encantoume.Ao final tiña razón a miña avoa, normal que sempre me dixera que fora alí.

Nun ratiño xa os deixo unhas imaxes represantadas nun video.

Outros dos sitios que máis lle gustaba era a praia de Doniños e o seu lago, aínda que non se bañaba moito nela, porque tiña algo de medo as praias con olas, pero ela dicia que era unha das que máis lle gustaba..

Resumindo.. a ela encantáballe al igual que a mín, o verde, as paisaxes, todo iso,eramos tan parecidas en todo, entón por eso decidín falar dela e todo o que pensaba sobre Galicia, porque para mín era un pilar moi importante na miña vida..por iso síntome así de ben podendo falar dela, porque todos os dias que a veía ensinábame algo novo. Moitos de vós diredes que carallo ten que ver isto con Historia de Galicia?, pois ami por unha parte pareceume interesante falar de este tema e tamén algo atrevido...

Aquí os deixo un video que resume mais ou menos de todo o que os falei. Un bico e comentade moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario